Amicos marca con Re-Mar o camiño a seguir en integración social e sustentabilidade ambiental

29 Novembro 2021

A Asociación Amicos de persoas con capacidades diversas vén de celebrar un encontro para para dar a coñecer os resultados do proxecto Re-Mar II e as boas prácticas adquiridas até o momento ao abeiro deste programa. A xornada foi no Centro de Visitantes do Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia. O acto estivo guiado por Carmen Piñeiro, en representación da Asociación Amicos, e asistiu ao evento Belén María do Campo Piñeiro, directora xeral de Patrimonio Natural, que quixo destacar a importancia da xornada para “facer balance do que supón na práctica os proxectos que xa están executando e tamén os que van a vir nos próximos tempos”. Tamén fixo fincapé na implicación da cidadanía e das persoas con capacidades diversas e en risco de exclusión social na eliminación dos residuos mariños.

José Antonio Fernández, director do Parque Nacional das Illas Atlánticas, realizou unha presentación do labor que levan a cabo no Parque e concienciou da necesidade de preservar o entorno mariño e de facer “un cambio social”. José Antonio Fernández, remarcou que neste senso aínda “resta moito moito por facer”, aínda que “o labor de Amicos é moi importante para impactar na sociedade”, dixo.

De seguido, Alberte Román Losada, en representación do Campus do Mar da Universidade de Vigo, falou das liñas de traballo que se deben seguir fortalecendo xa que trazan “un vínculo entre a sociedade e as institucións” para desenvolver un mundo mellor.

Outro dos partícipes foi Xoan España, director de Amicos, quen destacou a importancia de proxectos como Re-Mar, pois “supoñen un cambio fundamental na inclusión e no medio ambiente” e quixo agradecer aos “imprescindíbeis no proxecto”, as “persoas con discapacidade que actuaron como guías medioambientais”. Ademais, remarcou que “cando facemos as cousas ben e cando traballamos o recoñecemento chega”, pois Amicos é finalista aos Premios European Social Services Awards da Unión Europea.

A continuación, representantes e membros da Amicos fixeron unha exposición explicando máis en profundidade en que consiste Re-Mar e o que se leva feito ata o momento, sendo Juan Pombo, integrante da asociación, o encargado de mostrar as funcionalidades e posibilidades da aplicaicón de Re-Mar e como se pode utilizar. Beatriz Noya, Isabel Moreno e Cynthia Gómez de EcoTox, do Campus do Mar da Universidade de Vigo, foron as seguintes en mostrar unha exposición do traballo que levan a cabo para concienciar das necesidades medioambientais. Fixeron referencia aos tipos de plásticos que soen atopar nos litorais mariños nos que traballan. Quixeron deixar a mensaxe de que “previr é mellor que lamentar” e agradeceron a labor de Amicos neste ámbito.

A Xornada de Transferencia de Resultados e Boas Prácticas continuará a partir das 16:00 horas con actividades orientadas aos axentes da Red Natura 2000 e aos guías de educación ambiental accesíbel.

Re-Mar II está impulsado por Amicos en colaboración co Parque Nacional Marítimo Terrestre das Illas Atlánticas de Galicia gracias a Fundación Biodiversidade, o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Preamar, co-financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) e conta coa colaboración da Universidade de Vigo – Campus do Mar.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.