AMICOS e a Conserveira Antonio Pérez Lafuente retiran 30 quilos de residucos mariños nas Sinas

06 Novembro 2021

Na mañá de hoxe a Asociación Amicos retomou as labores de voluntariado ambiental grazas a alianza coa Conserveira Antonio Perez Lafuente a través da súa marca “Pan do Mar”.
A colaboración incluíse dentro do proxecto RE-MAR que busca un modelo de desenvolvemento endóxeno inclusivo baseado na conservación da contorna litoral e mariño.
“Queremos fomentar a participación cidadá na redución de lixos mariños a través das persoas con discapacidade”, explicaba Miguel Beiro, responsable da Area de Emprego e Empresas da Asociación Amicos.
“Esta colaboración con Amicos é moi importante para nos. Conxuga a participación cidadá, o apoio ás persoas con discapacidade e facer da pesca de proximidade un lugar máis sostible e seguro” explicaba Natalia Escourido, responsable de desenrolo de negocio da conserveira.
A conserveira Antonio Pérez Lafuente é unha empresa familiar dedicada á elaboración de conservas de productos do mar dende principios do siglo. Aposta pola implicación do desenrolo social e cultural da comunidade, así como un produto de pesca sostible e ecolóxica.
Na xornada de hoxe en As Sinas puidéronse retirar máis de 30 kilos de residuos mariños, destacando entre eles palillos de batea, colillas ou envases.
Macarena Fernández, usuaria do Fogar Amicos e participante deste proxecto explicaba que xa levan limpado varias praias e colaborado con diferentes colexios da zona para que se sumen á concienciación medioambiental a través de «O xogo do lixo mariño», similar ao xogo da oca.
“Los niños han aprendido muchas cosas con nosotros y nosotros con ellos”.
“A finalidade desta colaboración é conseguir que as persoas con discapacidade sexan un motor de cambio como actores e activistas para a transformación social e por outra banda axudar aos nosos partners ao cumprimentos dos criterios ASG e dos ODS”, concluía Xoán España, director xeral de Amicos.
A colaboración con “Pan do Mar” levará á asociación Amicos o día 18 de Novembro a unha nova xornada de RE –MAR na Illa de Arousa e finalizará o 23 de Novembro en Carril.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“España”. Alberto Barciela

“España”. Alberto Barciela

España se hace grande con lo aparentemente sencillo. Entonces deja de ser una Europa periférica que arrambla con esa idea de que el continente termina en los Pirineos, para reivindicarse como la tierra conquistadora, que acobijó a todas lAs culturas, que se embebión...

“Cuando los socios no apoyan al Gobierno”. Arturo Maneiro

“Cuando los socios no apoyan al Gobierno”. Arturo Maneiro

Cuando las materias que pretende conseguir o las normas quequiere aprobar no les favorece de forma clara -no sacan nada enlimpio, no hay más poder o más dinero-, los socios de investidurade Sánchez no lo apoyan; entonces, leña al PP.En estos casos, los ministros y...