Ambar estrea na Rúa (Ourense) As paisaxes de Camille, nova acción artística contra a violencia de xénero

02 Novembro 2021

A Asociación Ambar das persoas don diversidade funcional presenta este venres 5 de novembro a primeira das actuacións da súa proposta artística contra a violencia de xénero no rural: As paisaxes de Camille. Será ás 20:00h no Centro Cultural Avenida do concello da Rúa (Ourense).

Esta acción é unha das cinco que se desenvolverán no mes de novembro en distintas localidades da contorna galega vinculadas ó Camiño de Santiago. En palabras de Ambar, estamos ante “unha peza de artes vivas que mestura texto, movemento, corpo e danza e versa sobre a loita contra a violencia de xénero.

Máis polo miúdo, As paisaxes de Camille é unha peza escénica contemporánea que explora a contención, a rabia, a delicadeza e a sororidade, atravesando a imaxinaría escultórica e a vida da escultora francesa Camille Claudel con poemas paisaxísticos, coreografías e humor onírico.

Producida por Ambar, conta coa dirección artística da creadora escénica, poeta e dramaturga Helena Salgueiro de ABAR, xunto co grupo de artes escénicas de Ambar composto integramente por mulleres con capacidades diversas: Noelia Argibay, Ángeles Devesa, Marina Mondelo, Conchita Mouriño, Carmen Pérez, Olaia Pérez, Montse Queiruga e Mercedes Río, que son as encargadas de representar a peza.

Esta acción enmarcase no Pacto do Estado contra a violencia de xénero e está financiada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural.

A asociación subiu á Rede un vídeo no que se mostra o importante traballo despregado por Helena Salgueiro e as integrantes do grupo de artes escénicas da asociación.

Itinerario do programa

-A Estrada

Mércores, 10 de novembro ás 13h

Teatro Principal A Estrada

-O Pino

Xoves, 11 de novembro ás 13h

Centro Sociocultural O Pino

-Noia

Venres. 12 de novembro ás 20:30h

Coliseo Noela

–Mondoñedo

Domingo, 14 de novembro ás 18h

Auditorio municipal de Mondoñedo

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.