Airiños estará no Auditorio de Rianxo, o día 19, representando Unha primavera para Aldara

05 Novembro 2021

O vindeiro 19 de novembro a Sala Arcos Moldes do Auditorio de Rianxo vai acoller a representación de Unha primavera para Aldara a cargo do Grupo de Teatro Airiños. Será a partir das 19.00 horas. A obra teatral, que ten unha duración de 90 minutos e non está recomendada para menores de 12 anos, lévanos da man á Galicia do século XV, durante a Revolta Irmandiña, á vida dun convento rexido pola abadesa Aldara Eáns, que discorre con tranquilidade até que chega ás súas portas, en primavera, un guerreiro irmandiño ferido, don Nuno, pedindo acubillo. A función está baseada no texto da escritora Teresa Moure, unha das escritoras máis sobranceiras das letras galegas do noso tempo, autora de clásicos actuais da literatura galega como Herba Moura ou Ostrácia (a vida da amante de Lenin, Inessa Armand) por poñer só dous exemplos.

A obra obtivo o Premio de Teatro Rafael Dieste 2007, ademais dos premios da Asociación de Escritores en lingua Galega (teatro) 2008 e sete galardóns María Casares pola montaxe de Teatro do Atlántico, entre eles ao Mellor Texto Orixinal 2009.

A entrada ten un custe de 3 € e a reserva realízase no correo electrónico entradas.arinhos@gmail.com.

Outros artigos

Esther Piñeiro presenta en Noia o seu libro poemas “Sempre Lela”

A autora Esther Piñeiro presentará en Noia Sempre Lela, publicado pola editorial local Toxosoutos. A cita será este venres 25 de setembro ás 20.30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos. Trátase, segundo avanza o Concello de Noia nas redes, dun pequeno...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

“Os dereitos de todos”. Luís Celeiro

Ela e o seu marido fóronse vivir a Ceuta hai uns cantos anos, recen casados e sen fillos. Nun daquelescuarteis estivera destinado Marcial, como soldado forzoso e antimilitarista confeso. Ao volver da“mili”, e despois de tempadas longas traballando no mar ou na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.