Adiado para o 23 de decembro o concerto de Víctor Bouzas Quarteto en Rianxo

05 Novembro 2021

O Concello de Rianxo vén de aplicar un cambio de data no programa da cuarta convocatoria do Ciclo de Novos Intérpretes que organizan este outono a área municipal de Cultura e a Escola de Música local. O cambio é relativo á actuación prevista para o 12 de novembro, a do Víctor Bouzas Quarteto (trompeta), que pasa a fixarse para o día 23 de decembro, na Sala Arcos Moldes do Auditorio.

O certame comezou o sábado 23 de outubro, ás 20.30 horas no Auditorio, cun concerto a cargo de Óscar Vázquez ao trombón baixo e Yamini Teresa ao piano. A seguinte cita foi o venres 29, da man do rianxeiro Bernal Muíños, que virá acompañado do seu cuarteto de jazz. A continuación será a quenda do concerto de Alba Franco (arpa) o 26 de novembro, no Auditorio. O ciclo prosegue con Lucía Mata (fagot) e Diego Mata (piano) o día 10 de decembro, igualmente no Auditorio de Rianxo ás 20.30 horas. En todos os casos cómpre facer as reservas de entrada (gratuíta) na web municipal.

Outros artigos

O temporal deixou sen luz amplas zonas do concello de Rianxo

O temporal deste luns 26 de xaneiro xerou no Barbanza ducias de incidencias, cebándose especialmente co concello de Rianxo, até ben entrada a madrugada, rexistrándose (polas fortes chuvias e polos refachos de vento) caídas de árbores, desbordamentos (con estradas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

“Con las víctimas, nada de ideologías”. José Fernández Lago

El Gobierno español, con el presidente de Andalucía y SS. MM. los Reyes de España, habían llegado a un acuerdo para hacer un Funeral de Estado el 31 de los corrientes, a modo de una especie de homenaje a las víctimas del accidente ferroviario de Adamuz. Por su parte,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.