Á venda as entradas para o partido entre o Noia Portus Apostoli e o Pozo Murcia da Fopa do Rey

25 Novembro 2021

Desde que se coñeceu que o Noia FS recibiría no Agustín Mourís a un dos nomes propios do
futsal mundial, son moitos os que levan agardando a que se poñan á venda as entradas.
Pois o Portus Apostoli vén de anunciar que xa están dispoñibles as entradas para presenciar
un histórico encontro fronte ao Pozo Murcia, un rival que Marlon Velasco preferriría atoparso
máis adiante.

O encontro disputarase o vindeiro martes 30 ás 20:00 horas no Agustín Mourís.
Os prezos das entradas varían, para os socios custan 10 euros e para os non socios 15 €.
En caso de ser menor de 14 anos, os socios pagarán 5 euros e os non socios 8. Para obter a
súa entrada debe acudir de forma presencial de martes a venres en horario de 16:30 a
20:300 ou sábado de 17:00 a 21:00 horas ao Municipal Agustín Mourís. Tamén se poderá
comprar de forma online a través da páxina noiafs.acyti.com. As persoas socias terán
preferencia á hora de obter o ticket.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.