A segunda fase da reforma integral do Camiño Real, na Pobra, entra na súa recta final

05 Novembro 2021

O Concello da Pobra informou de que xa entraron na recta final as obras da segunda fase da reforma integral do Camiño Real, que incluíron a reposición do asfalto. Os traballos rematarán este mes de novembro. Así o fixeron saber este venres 5 o rexedor Xosé Lois Piñeiro (Nós Pobra), e a edil de Servizos Municipais, Estefanía Ramos (Nós Pobra), que explicaron que xa se rematou coa roza e a limpeza da contorna, co corte e a fresadura do pavimento e, tamén, co fornecemento de aglomerado en quente. Amais, engadiuse un pequeno muro de contención de pedra granítica por cuestións de seguridade (de 82’72 metros cadrados e catro metros de altura no seu punto máis elevado). Así mesmo, mellorouse a recollida de pluviais e conectáronse ao saneamento aquelas vivendas dese tramo que aínda non o fixeran. No total, esta fase englobou 4.800’89 metros cadrados.

A obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. e o importe ascendeu aos 81 910’76 euros, IVE incluído, con cargo ao remanente da tesouraría.

Piñeiro explicou que a terceira fase suporá o pavimentado e a colocación de dous bombeos na zona do Conchido, para canalizar as pluviais e o saneamento á depuradora da Pobra e separar o servizo do de Boiro, ao cal está actualmente conectado. A intervención irá financiada con crédito bancario que irá ao pleno da vindeira semana e “seguramente xa o executaremos pola vía de urxencia”, explicou o alcalde, engadindo que “a primeira fase está pendente de executar”, pois “ten unha tramitación bastante máis lenta ao precisar de cesións e estar pendentes algúns permisos de Costas e de Urbanismo”. Unha vez que estean efectuadas a primeira e a terceira fase, completarase así a reforma total do Camiño Real, dixo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.