A rapazada do Son xa pode inscribirse na campaña invernal da Deputación

30 Novembro 2021

O Concello de Porto do Son confirmou a súa participación na Campaña de Inverno da Deputación da Coruña, unha campaña que se vai materializar en excursións xuvenís á Estación de Valgrande – Pajares, en Asturias. Poderán participar nenos e nenas empadroados no concello, de 12 a 15 anos inclusive (cumpridos a 31 de decembro de 2021). Terán preferencia as crianzas que non foran a ningunha campaña invernal da deputación coruñesa.

Ao concello de Porto do Son correspóndenlle sete prazas (o 21 ao 24 de xaneiro). De existir máis solicitudes que prazas ofertadas realizarase un sorteo público. As inscricións deberán facerse dende o día 30 de novembro ata o 14 de decembro de 2021.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.