A praza de Galicia de Boiro e a súa contorna dan pasos firmes cara a súa humanización integral

10 Novembro 2021

O Concello de Boiro está a levar a cabo tarefas de humanización e mellora da praza de Galicia para o seu acondicionamento e para permitir o máximo desfrute por parte da veciñanza de todas as idades. As tarefas compleméntanse coas obras para a instalación da cuberta con iluminación solar fotovoltaica que se está a realizar con cargo ao POS da Deputación da Coruña. O alcalde, José Ramón Romero, e o concelleiro de Urbanismo e Obras, Luis Ruiz, visitaron este 10 de novembro as obras.

As tarefas de humanización que se contemplan consisten no acondicionamento do xardín frontal e os laterais que bordean a praza do Concello, así como na dotación de bancos e mobiliario público que “convertan o espazo nunha zona de ocio con todas as comodidades”, sinalaron o rexedor e o edil, engadindo que tamén se contempla o pintado dos muros laterais e a mellora da iluminación en toda a praza.

Asemade, realizarase unha renovación integral do acceso ao aparcamento municipal dende a praza, que está baixo a cuberta, e no que se atopan os baños públicos que poderán volver abrir ao público. “Con este acceso os pais podemos levar aos nenos e nenas dende o aparcamento directamente ao parque sen saír ao exterior, sobre todo no inverno”, afirmou o alcalde, facendo saber que o obxectivo de todos estes traballos é “xerar na céntrica praza de Galicia un espazo de ocio para os nenos e nenas que fan uso do parque infantil e tamén as nais e pais que os acompañan”

Romero e Ruiz engadiron que as actuacións para a instalación da cuberta do parque infantil “avanzan a bo ritmo”. Así, unha vez instalada a estrutura de madeira que forma a pérgola e colocado o revestimento da cuberta e as placas solares que a dotan de enerxía, estase a facer a instalación eléctrica para a iluminación LED do parque.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.