A Policía Nacional detén en Ribeira a un home por un delito de roubo con violencia cometido nun bar de Palmeira

22 Novembro 2021

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira, en colaboración coa Policía Local, procederon á detención dun home de 46 anos de idade, veciño de Ribeira, como presunto autor dun delito de roubo con violencia. Segundo relatan, os feitos tiveron lugar o venres 19 pola tarde, cando o propietario dun bar próximo ao porto de Palmeira, ao proceder á súa apertura, atopouse con todo o establecemento revolto e sorprendeu a un individuo no seu interior.

As axentes relatan que ao ser sorprendido, o individuo tentou fuxir, polo que arremeteu contra o propietario do bar, golpeándoo na cabeza cunha pata de cabra, causándolle diversas feridas. Nese momento accedeu un empregado do local e entre el e o propietario lograron reducir ao individuo, comunicando os feitos á Policía, quen se desprazaron ao lugar e procederon á súa detención. Os axentes sinalaron que no momento da súa detención, o detido portaba diñeiro en efectivo en moedas de diverso valor subtraídas da caixa rexistradora e da máquina de tabaco, que foi forzada, así como máis de 30 paquetes de tabaco, dúas patas de cabra e unha navalla.

O detido accedeu ao local tras escalar un muro e fracturar unha xanela do mesmo.

Ao detido cónstanlle numerosos antecedentes policiais por delitos similares e por outro tipo de delitos.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, o detido é posto a disposición do Xulgado de Instrución nº2 de Ribeira, en funcións de garda.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.