A Policía de Rianxo cortará o tráfico este sábado en varios lugares de Taragoña por mor do Rally Ribeira – Ría de Arousa

11 Novembro 2021

A Policía Local emitiu un comunicado relativo á celebración da primeira edición do Rally Ribeira – Ría de Arousa, que se celebra este sábado 13 de novembro (e tamén o domingo 14) pasando un dos treitos do seu percorrido pola parroquia de Taragoña, afectando aos lugares de Paradela, Ourille, Campomaneiro, Paradela e Fonte Susán. Deste xeito, coa finalidade de garantir a seguridade da proba e das persoas, a Policía Local de Rianxo advirte de que se vai proceder ao cortar o tráfico en todo o devandito percorrido, entre as 13:30 ás 21:30 horas aproximadamente.

Estas son as indicacións pormenorizadas que achegan os axentes de Rianxo:

1. Pastoriza: os veciños deberán retirar os vehículos da calzada e das marxes por seguridade, e quen teña previsión de moverse terá que telos na pista que vai cara a Lousame, que quedará aberta ó tráfico, quedando pechada a pista cara a Candosa (Boiro), pola que discorre o tramo.

2. Ourille: deberán ser retirados os vehículos da calzada e das marxes por seguridade, e quen teña previsión de moverse terá que telos na parte leste na pista que vai cara Araño, que estará aberta ó tráfico.

3. Paradela e Fonte Susán: non se corta o tráfico da pista para os veciños destes lugares, se ben é recomendábel circular o imprescindíbel e con precaución dado que é pola que os vehículos participantes abandonan o tramo. O acceso a estes lugares quedará reservado solo á veciñanza, salvo urxencias.

Emerxencias Sanitarias: Nos lugares de Pastoriza e Ourille, dentro do circuíto, as emerxencias sanitarias serán atendidas en primeira instancia polas ambulancias que cobren a proba.

A Policía Local prega a colaboración da veciñanza para que “se alguén ten previsto a utilización dos vehículos nas franxas horarias sinaladas, os retire dos lugares afectados con antelación suficiente para evitar contratempos e esperas innecesarias”.

Outros artigos

Rianxo e A Estrada xa son oficialmente concellos irmáns

Este luns 19 de outubro formalizouse finalmente a sinatura do protocolo de irmandamento entre os concellos da Estrada e Rianxo, historicamente unidos polas figuras de Virxinia Pereira Renda (A Estrada) e Alfonso Daniel Rodríguez Castelao (Rianxo). A fraternidade...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

“A lei é para todos… salvo para algúns?” – José Luis Calo

Hai case oito séculos, as Sete Partidas de Alfonso X pretendían establecer unhas regras comúns para ordenar a sociedade. Hoxe vivimos nunha democracia con leis e mecanismos de control, pero segue vixente unha pregunta fundamental: de que serven as normas se quen debe...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.