A Pobra implantará un proxecto de inserción baseado na sustentabilidade agroalimentaria

26 Novembro 2021

A Concellaría do Desenvolvemento Local da Pobra do Caramiñal, en colaboración coa Federación Rural Galega (FRUGA), implantará no municipio un proxecto de inserción sociolaboral colectiva baseada na produción e comercialización de cultivos vexetais baixo os criterios da agroecoloxía, o cooperativismo e a economía social.

O proxecto foi dado a coñecer pola concelleira do Desenvolvemento Local, Amparo Cerecedo (BNG), quen sinalou que para o deseño e a posta en práctica desta iniciativa configurouse, “dende unha perspectiva de intervención socioeducativa baseada na participación e no apoderamento colectivo”, un equipo multidisciplinar formado por sobranceiros especialistas en sustentabilidade, activismo ambiental e métodos alternativos de produción e distribución.

Este equipo estará formado porGabriel López García, membro da FRUGA e labrego cunha dilatada traxectoria na produción agroecolóxica e no desenvolvemento de prácticas autoxestionadas de comercialización; Kylyan Marc Bisquert Pérez, educador social e doutor en Educación, especializado en procesos participativos, iniciativas socioeconómicas e movementos sociais asociados á agroecoloxía; Sergio Sánchez Taboada, activista en distintos ámbitos de consumo e produción agroecolóxica, así como unha das tres primeiras persoas de Galicia que contan coa titulación do posgraduado en Dinamización Local Agroecolóxica da Universitat Autónoma de Barcelona; e Valle Marcos García-Conde, educadora social con experiencia na intervención socioeducativa con distintos colectivos e no ámbito da inserción sociolaboral.

A edil apuntou que se trata dun proxecto “moi completo, con persoas que coñecen o sector primario e acompañamento de educadores sociais”, cuxo obxectivo principal radica na inserción de persoas vulnerábeis.

Doutra banda, Kylyan Marc Bisquert, quen forma parte do equipo xa referido e pertence ao Grupo de Investigación en Pedagoxía Social e Educación Ambiental (SEPA-interea), explicou que o referido proxecto nace, ademais de como resposta ás necesidades específicas no eido de inserción laboral detectadas no ámbito municipal polo persoal técnico do Concello, para “facer fronte á actual crise ecosocial global que afecta distintos eidos”.

A iniciativa componse de tres eixos: unha formación práctica no terreo sobre a produción agroecolóxica de cultivos vexetais; un posterior acompañamento, supervisión e asesoramento na xestión dos cultivos no terreo; e unha dinámica de intervención socioeducativa baseada na dinamización e asesoramento técnico para a inserción sociolaboral colectiva a través de modelos asociados ao cooperativismo e á economía social. A edil indicou que, no que respecta á parte práctica, o Concello asinará un convenio de cesión para a disposición de leiras para os cultivos.

Antesala da iniciativa

Como antesala do inicio deste proxecto, a edil sinalou que se van desenvolver unhas xornadas formativas tituladas Agroecoloxía: autoemprego colectivo para unha vida digna e sustentábel, previstas para os días 17 e 18 de decembro na Pobra e que están abertas a toda a cidadanía en xeral. Estas estrutúranse da seguinte maneira: na mañá do día 17 desenvolverase unha xuntanza de traballo entre o equipo formado arredor do proxecto e persoal técnico das áreas do Desenvolvemento Local e dos Servizos Sociais; nesa mesma tarde efectuarase un encontro aberto ao público para coñecer e compartir puntos de vista, experiencias e expectativas; na mañá do día 18 procederase cunha visita interpretativa de aproximación á leira e ao deseño dos cultivos vexetais de base agroecolóxica; e a última sesión será pola tarde arredor das canles curtas de comercialización, o emprendemento colectivo e a economía social.

O programa detallado cos horarios e espazos nos cales transcorrerán estas xornadas formativas publicaranse proximamente na páxina web www.apobra.gal. Para máis información, habilítase o teléfono de contacto 981377610.

Outros artigos

Pesar na comarca polo pasamento de Severino Escuris Batalla

O empresario barbancés Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, faleceu este mércores aos cen anos de idade, pechando unha vida centenaria estreitamente ligada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro galego. Nado en Rianxo ou 18 de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Valentía política” – José Manuel Pena

“Valentía política” – José Manuel Pena

A maior parte dos nosos políticos e gobernantes sempre falan, publicamente, do cumprimento da legalidade vixente. Á parte de que son eles os encargados de lexislar, non chego a comprender de que tipo de legalidade falan, se das leis ordinarias, dos Reais Decretos...

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

“Miseria humana” – Manuel Domínguez

Todas las encuestas, absolutamente todas dan el resultado que en estas elecciones se llevaran un varapalo enorme, que la caída será de órdago, lo saben. Pierden como estaba previsto, tardan en analizar el fracaso. Resultado la culpa del fracaso es del muerto, la culpa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.