Desde este venres 291.000 galegos de 70 a 79 anos chamados a recibir doses de reforzo

18 Novembro 2021

Os centros de vacinación de Galicia volverán reabrir este venres 19 de decembro.

Os ‘ vacunódromos’ reactivaranse para avanzar na administración da dose de reforzo para os maiores e da poboación inmunizada co fármaco de Janssen. A reactivación dos grandes recintos de vacinación coincidirá coa aplicación da terceira dose de reforzo para a poboación entre 70 e 79 anos (uns 291.000 galegos).

A previsión é terminar coa vacinación desta franxa (a de maiores de 80) poucos días despois de que se reabran os grandes recintos: o 23 de novembro. O xefe do executivo insistiu na importancia de vacinarse a pesar de que Galicia está á cabeza e lembrou que, aínda que só un 6% de galegos non foron inmunizados fronte á covid, sería “bo para eles e para o conxunto da sociedade” poder rebaixar aínda máis esa porcentaxe.

Os puntos de vacinación mantéñense con respecto á primeira fase da campaña de inmunización fronte á covid-19, na area sanitaria Santiago- Barbanza será na Cidade da Cultura e Hospital dá Barbanza .

Vacina no Hospital da Barbanza

Outros artigos

A exposición sobre autismo de Amicos desembarca nas rúas de Rianxo

A campaña impulsada pola asociación da nosa comarca Asociación Amicos para sensibilizar e informar á veciñanza do Barbanza sobre o autismo continúa o seu percorrido polos nosos concellos. Faino cunha exposición divulgativa que comezou a súa viaxe o 2 de abril con...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

“Estratexias kafkianas” – José Manuel Pena

Despois de tantos anos de período democrático e de liberdades en España, queda de manifesto que o espírito da transición durou o xusto e necesario para que se producise unha amnistía xeral de todos os crimes cometidos durante as catro décadas da ditadura militar...