A participación do Camiño de Barbanza “A Orixe” na Feira “Fairway antiago 2021” eseperta o interese dos profesionais

08 Novembro 2021

A participación do Camiño de Barbanza ‘A Orixe’ no recinto expositivo da feira ‘Fairway Santiago 2021’, que abriu as súas partes onte domingo, está a espertar moito interese entre os profesionais presentes neste foro organizado no Palacio de Congreso e Exposicións de Galicia.
Neste senso, ademais de material promocional deseñado pola Asociación de Amigos do Camiño de A Orixe, quen visite o stand cedido pola empresa Bahía Sub (organizadora no último verán das rutas en catamarán entre Ribeira e Pontecesures “La barca del peregrino”) tamén pode coñecer a ampla oferta de merchandising deseñado por Manuel Ayaso e confeccionado por Laguerzza.
Turoperadores
Ademais, no marco do Workshop organizado dentro do Fairway Santiago 2021, Turismo de Ribeira ten axendadas reunións con turoperadores destinados á promoción do Camiño entre clientela de alto poder expositivo, por un lado de Europa e por outro de América.
[Na fotografía adxunta, representantes da mancomunidade Barbanza Arousa, Laguerzza, Galicia Guiada, Asociación de Amigos do Camiño, Turismo de Ribeira, Bahía Sub e o chef Miguel Mosteiro].

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.