A centenaria aguiñense, Josefa Fernández, recibe a felicitación do alcalde Manuel Ruíz

03 Novembro 2021

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, estivo esta mañá en Aguiño coa fin de felicitar en persoa a Josefa Fernández: a veciña desta localidade que fai unhas semanas, co gallo do seu cen aniversario, recibiu unha placa conmemorativa de parte do Concello nun pequeno acto no que o rexedor non puidera estar presente por atoparse fóra de Galicia con
motivo do foro sobre intelixencia e sostibilidade urbana Greencities & S-Moving, celebrado en Málaga.
No transcurso da xuntanza de hoxe —á cal tamén acudiron as edís Juana Brión e Ana Barreiro—, rememoráronse moitas das vivencias de Josefa Fernández, quen perderá ao seu marido e varios familiares no naufraxio do cerqueiro “Cartagena 3” en abril de 1945: un terrible suceso acontecido nos baixos de Corrubedo que ocasionou a morte
de 23 tripulantes, todos eles de Carreira e Aguiño.

O ALCALDE DE RIBEIRA VISITA Á MULLER CENTENARIA DE AGUIÑO JOSEFA FERNÁNDEZ

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.