A Asociación de Empresarios de Ribeira converte os establecementos da cidade nun gran museo das e dos artistas locais

16 Novembro 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira quixo converter Ribeira, este mes de novembro, nun museo aberto e nun espazo múltiple de dinamización artística e comercial. Froito deste compromiso uniu forzas co Concello e a Deputación para impulsar a campaña Camiño da arte, que, como se indica no seu nome, propón un itinerario creativo polos establecementos da entidade coma se estes foran as diferentes salas dun gran recinto expositivo, aberto, accesíbel e dinámico.

A campaña tivo a súa orixe nunha iniciativa de María Goretti Bello, artista local á vez que socia da patronal ribeirense e representante dos artistas e artesáns. A iniciativa Camiño da arte colleu impulso estes días con 50 establecementos adheridos onde desfrutar das diferentes contribucións artísticas de 29 creadoras e creadores da contorna de Ribeira. Os obxectivos desta campañas son varios, segundo sinalou Francisco Martínez Gude, presidente da Asociación de Empresarios: “Visibilizar aos artistas locais da nosa zona, dinamizar os sectores de comercio e hostalería e permitir o desfrute de arte entre o meirande número de veciñas e veciños”.

A campaña desenvólvese do 11 ao 21 de novembro de 2021.

Estes son os artistas que colaboran na iniciativa: Manuel Ayaso, Manuel Teira, Carmen Sampedro, Paco Casal, Maralla Paz, Lucía Romaní, Patxi Paz, Natalia Arnoso, SonAgasallo, Alba Pego, Teresa Argibay, Manoel Bonaval, Ola López, Olegario Sampedro, Julio Catalán, Bernardo Paz, Fernando Redondo, Vyana, PitusaMJ, Miguel Crujeiras Ayaso, Teresa Romallo, Carlos Barbieri, Art for Dent, Jontxu Argibay, Beatriz Ferrín, Percusiones Lobera, Manuel Novo, Loli Rey e María Goretti Bello.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.