A ABE lanza unha nova edición da campaña #RegalaBoiro

02 Novembro 2021

A Asociación Boirense de Empresarios quere manter os Bonos Regalo ABE activos durante todo o ano (a disposición dos clientes do concello para que poidan usalos para facer agasallos “a quen queiran e cando queiran”), polo que vén de lanzar unha nova edición da campaña #RegalaBoiro. Trátase dunha nova iniciativa publicitaria de Nadal a través da cal a ABE ofrece ás empresas que empreguen os Bonos Regalo ABE para o tradicional aguinaldo que se entrega ás empregadas e empregados. “Neste intre”, explican de a patronal boirense, “froito do traballo realizado, xa contamos con varias empresas que van a utilizar os nosos bonos para regalar aos seus traballadores, ou para complementar as tradicionais cestas de nadal”.

Segundo explica a entidade empresarial boirense, os bonos son “a mellor solución para agasallar” polas seguintes razóns:

-“Porque están adaptados aos gustos e necesidades de cada persoa xa que se poden utilizar en calquera dos preto de 200 socios e socias da ABE, que poñen ao alcance da cidadanía un amplo abano de produtos e servizos: alimentación, moda, calzado ou complementos ata viaxes, masaxes, clínicas dentais ou podólogas, seguros, gasolina, servizos hostaleiros e gastronómicos, material de construción, fogar, ferretería, electrodomésticos, etc”.

-“O seu consumo é local, repercute nas propias empresas de Boiro, nos nosos veciños e veciñas”.

-“Amosamos unha imaxe de unidade do tecido empresarial de Boiro e aportan a ABE unha presencia moderna e adaptada aos novos tempos”.

Como funcionan

Os bonos son unha caixa personalizada que dentro inclúe vales de compra de 5€ e un listado de todos os socios da ABE onde se poden gastar. Na caixa tamén vai un código QR co que se pode descargar ou consultar o listado no móbil, tableta ou PC. O cliente/empresa pode elixir de que cantidade merca o bono, sempre en múltiplos de 5 euros. As empresas tamén poden adquirir os bonos sen a caixa para complementar a súa cesta de Nadal ou mesmo se lles pode ofrecer a posibilidade de personalizar a súa caixa coa imaxe corporativa da empresa. Cando se recibe o regalo só hai que empregar os vales “coma se foran billetes en calquera dos preto de 200 socios e socias que xa veñen indicados no listado da caixa”. Amais, os vales non teñen caducidade.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La gente”. Mario Clavell

“La gente”. Mario Clavell

En mis tertulias oigo generalizaciones tales ‘la gente escapa de Compostela’ o ‘la gente está hasta el gorro de Pedro Sánchez’ …  ¿Quién es la gente’?, ¿la sociedad?, ¿la nación?, ¿toda la nación?, ¿la colectividad, la humanidad? ‘La gente’ es demasiada gente y...

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

“Agresións, vexacións e torturas” – José Manuel Pena

Desde Amnistía Internacional e algúns medios de comunicación están a denunciarse varios casos de agresións, vexacións e torturas, por parte dun grupo de militares españois, cara a algúns migrantes africanos chegados á cidade autónoma de Ceuta, algúns deles menores de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.