Xosé Ricardo Losada presenta en Rianxo o 16 de outubro a súa nova novela, O rosario e a buguina

08 Outubro 2021

O sábado 16 de outubro, ás 13.00 horas, celebrarase no teatro do Auditorio de Rianxo a presentación dunha das máis agardadas novidades do panorama literario galego: a nova novela do escritor e profesor local Xosé Ricardo Losada, O rosario e a buguina, que chega ás librarías logo do incontestábel éxito de público e crítica de A casa xunto ao volcán (Galaxia). O rosario e a buguina, Premio Torrente Ballester 2020 da Deputación da Coruña, volve poñer o foco na terra natal do escritor. Así, se en A casa xunto ao volcán centrábase en narrar as andainas filosóficas dunha moza adolescente que recala no instituto de Rianxo, acompañando a súa chegada dunhas lecturas que deixarán fonda pegada e que marcarán a súa vida presente e futura, agora Losada decidiu poñer o foco na figura do poeta Manuel Antonio, construíndo unha biografía ficcionada que recrea os últimos meses do autor de De catro a catro.

O escritor rianxeiro Ricardo Losada nunha imaxe de Eduardo Castro Bal

No acto de presentación contarase coa presenza de Xosé Manuel Lobato (escritor), Malores Villanueva (editora), Antón Riveiro Coello (escritor e vogal de Barbantia), Xurxo Couto (deputado de cultura da Deputación da Coruña), Adolfo Muíños (alcalde de Rianxo) e o propio autor. A entrada só poderá adquirirse con reserva previa a través da web municipal, ata as 14.00 horas do xoves 14 de outubro.

Disidencia relixiosa

A obra, que en parte céntrase nos tirapuxas nos que se viu mergullado o poeta Manuel Antonio, a nivel familiar, pola súa disidencia relixiosa, encádrase temporal e xeograficamente en Rianxo e trala volta do escritor-mariñeiro á súa vila logo dunha estadía en Cádiz. Manuel Antonio, gravemente enfermo, negouse en rotundo a aceptar os ritos cristiáns nos seus últimos días de vida.

A novela valeulle a Losada o XXXII Premio Torrente Ballester de narrativa en lingua galega que concede a Deputación da Coruña. Foi a novela escollida polos gañadores da edición anterior, Álex Alonso e Antón Riveiro Coello; a xornalista Susana Pedreira; as escritoras Inma Otero e Beatriz Maceda e o deputado de Cultura da Deputación da Coruña, Xurxo Couto (presidente), así como a xefa de servizo de Cultura, Mercedes Fernández Albalat (secretaria). O xurado salientou “a potencia da historia que narra os últimos meses da vida de Manuel Antonio e o conflito suscitado coa súa nai na casa de Rianxo por motivos relixiosos e, de maneira especial, polo modo de se enfrontar á morte próxima”.

O autor é profesor de Filosofía no IES Félix Muriel de Rianxo e publicou cinco libros, O xene da chuvia (Edicións do Castro), Faustino Rey Romero. Un evanxeo bufo (Xerais Edicións) Bótame deste mar fóra (Toxosoutos), Manuel Antonio. Vida e misterio dun poeta galego (Editorial Galaxia) e A casa xunto ao volcán (Editorial Galaxia), galardoada co II Premio Viadutos 2019.

Outros artigos

Convocada a XIII edición do Concurso de Poesía Albariza de Artes

O Centro Recreativo e Cultural de Artes, en colaboración co Concello de Ribeira (Área de Cultura) presentou o cartel e as bases do nova convocatoria do Concurso de Poesía Albariza de Artes, certame que alcanza este ano a súa décimo terceira edición. Esta iniciativa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

“Dereito a unha vivenda digna, sí; pero cómo?”. Antón Luaces

Como cidadáns españois todos temos dereito a unha vivenda digna e axeitada. De feito, a Constitución Española establece no seu artigo 47 que "tódolos españois teñen dereito" a disfrutar dela. O mesmo artigo recoñece que "os poderes públicos promoverán as condicións...

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

“Lo imposible es posible” – Manuel Domínguez

Lo imposible es posible. Antonio, (nombre ficticio), es un fumador desde los 14 años, con sesenta toma sus vinos y consume , ya no fuma cajetillas sino que él hace sus propios pitillos, artesanía, fue al médico, su futuro es no muy largo, sus venas son muy solidas,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.