Xa está a aberto o prazo de inscrición para o curso de elaboración na industria alimentaria de Ambar

25 Outubro 2021

A Asociación Ambar, centrada na plena inclusión das persoas con diversidades funcionais e/ou motrices, vén de informar da apertura das inscricións para a formación Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria, que impartirá a asociación con sede principal en Ribeira. A actividade comezará o 8 de novembro do 2021 e celebrarase de luns a venres no Centro de Recursos da Asociación Ambar en Ribeira (San Roque/Frións) de 10 a 14h.

Esta iniciativa está destinada a persoas con diversidade funcional menores de 30 anos e busca mellorar a inserción socio laboral destas persoas a través de programas de formación.

A actividade é posíbel grazas á subvención da Fundación ONCE concedida a través da convocatoria Uno a Uno de axudas económicas para a empregabilidade.

Sobre a formación Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria, está destinada a ocupación de persoal de almacén, carretilleiro ou carretilleira, auxiliares e operarios da industria alimentaria. O curso contará cunha fase teoría (220h) e outra práctica de formación nun posto de traballo (120 horas) dun total de 340 horas. Esta formación é para un máximo de 10 persoas, gratuíta e conta cunha bolsa de asistencia de 9 euros ó día na fase teórica.

Requisitos

Os requisitos das persoas participantes son:

• Que teñan unha idade comprendida entre os 16 e 30 anos

• inscritas e inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil

• Ter unha diversidade funcional recoñecida igual ou superior ó 33%.

Inscricións

As persoas interesadas poden formalizar a súa inscrición:

• Chamando directamente ó 981 87 44 80

• Ou a través da ligazón específica da asociación.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...