“Verduras de Navarra, á súa saúde” – Alberto Barciela

08 Outubro 2021

Topeime con Navarra en Madrid, goceina na Semana da Verdura promovida polo Goberno Foral no Foro. E se as palabras xogan coas súas eufonías, as delicias da terra expresáronse cunha sinfonía única como experiencia gastronómica e sumáronse, en harmoniosa melodía, á proxección desa prestixiosa marca que é o Reyno Gourmet Calidade Navarra. O concerto foi excepcional, propio de profesionais, de xentes que atraen co seu modelo de benestar, no que cada lugar é un destino imprescindible da industria da felicidade, o turismo, e cada establecemento un pracer natural. Todo se pode facer ben e, polo menos nesta ocasión, fíxose.

Gústame resaltar o Camiño de Santiago como exemplo de xestión de marca, de unión ao redor dunha proposta que abrangue distintas administracións, diversos xeitos de pensar e executar. Quizais a posta en valor das Rutas Xacobeas, nacido entre Roncesvalles e Santiago, sexa o paradigma do que se pode e débese facer sempre en ámbitos como o turismo, máxime en época pos pandémica. Navarra e Galicia propuxeron no ano 1990 o entendemento dunha realidade tanxible, e coa recapitulación de propostas nadas desde distintas sensibilidades, lograron unha posta en común, un plan estratéxico, unha unidade na promoción e na acción que hoxe une a varias Comunidades, do Norte ao Sur de España, do Leste ao Oeste, cun éxito avaliable.

Ese mesmo espírito é o que imperou nos distintos actos programados durante a Semana da Verdura Navarra en Madrid no que habemos coincido gastrónomos, xornalistas, intelectuais, xentes da universidade, empresarios, profesionais da industria agroalimentaria, etc. A oportunidade foi degustar produtos de calidade, coñecer mellor aquel destino e atopar propostas tanxibles, singularmente de como relanzar a España baleirada, aspecto no que é unha experta nosa anfitrioa Itziar Gómez, conselleira de Medio Rural e Medio Ambiente.

Os asistentes somos agora portadores dun legado, convertéronnos en promotores duns produtos e dunha cociña moi consolidada, que resultan aliados incondicionais na proxección dunha Comunidade en vangarda turística. Polo tanto confirmamos a mocidade – Iñaki Andradas, Leandro Gil, Natxo Gómara, etc.- consonante coa experiencia dos profesionais máis avantaxados dos fogóns navarros – Juan Miguel Sola, de La Manduca de Azagra, ou Leandro Gil, de La Huerta de Tudela- e doutros espazos gastronómicos – como a exquisita proposta do restaurante Palacio de Cibeles, dirixido por Adolfo Muñoz-. A todos une a convicción de que cada receita nace na horta, en tempada e crece con ela. O reto está en seguir facéndoas permanentes, aproveitando as fantásticas conservas vexetais de Reyno Gourmet, e incluílas cada vez máis nos menús máis esixentes a escala internacional, como en México, que tamén participou do evento.

Navarra e as súas verduras son sinónimos de saúde, sabor, sorpresa e diversidade. Nesta ocasión, gozamos en Madrid dos produtos desa zona extraordinariamente fértil, na que crecen toda clase de hortalizas: alcachofas, espárragos, cardos, cogollos, espinacas, borrajas, pementos, os tomates feos… e as froitas e o arroz… a vide. Sabemos que o ideal será volver facelo sobre o terreo, nese mundo de equilibrio entre a paisaxe e os seus habitantes racionais, onde o rural nada teñen que envexar ao urbano, no que cada pobo é un destino en si mesmo, no que transitar do deserto á selva é posible en poucos quilómetros, mentres se observan bosques encantados que medran en busca de ceos limpos, en pos desas estrelas que indican o comezo do Camiño de Santiago, posiblemente a mellor ruta gastronómica do mundo.

A horta, como é sabido, hai que regala. Esta vez brindarei cun viño clarete do Señorío de Sarría, pero son mil os bos caldos ofrecidos co aval da Denominación de Orixe Viños de Navarra. Hoxe brindo por Navarra, á súa saúde.

Outros artigos

“Compartir el éxito de la empresa”. José Castro López

Conté en comentarios anteriores la historia del italiano, Enzo Rossi, director de unafábrica de pasta, que en el año 2007 se asignó un sueldo de 1.000 euros al mes paraexperimentar en carne propia si era posible vivir con esa cantidad y comprobar así lascondiciones...

+

“La soledad, mala compañera”. Javier García Sánchez

Afecta a una de cada cinco personas en España, y se trata de una sensación deaislamiento y desconexión emocionalNos demos cuenta o no lo cierto es que cada vez vivimos en una sociedad másindividualista donde recala con fuerza la soledad no deseada. Se trata de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

“Santos con lentes”. Xosé A. López Silva

Hai anos que levo un caderno de santos: datas, anécdotas e atributos rechamantes, apuntados sen moita orde nin concerto. Abre por San Xerome, o mesmo que de cando en cando volve aos xornais porque na fachada de Santa María de Pontevedra, entre os doutores da Igrexa,...

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

“Emerxencia habitacional” – José Manuel Pena

O Goberno Vasco vén de mercar ao fondo de investimento Blackstone unhas 510 vivendas con destino a alugueiros sociais para familias vulnerables. Estas noticias son as que realmente contribúen ao cumprimento do Dereito á Vivenda, recollido no artigo 47 da Constitución...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.