Venres con ceo cuberto e chuvascos a primeira hora e o final do día

28 Outubro 2021

O venres Galicia continuará na influencia das baixas presións con ventos do suroeste. Así, os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos máis probables pola mañá e ao final do día. As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos durante o día no interior, con intervalos de moderado na costa; irán aumentando de intensidade cara á noite sendo fortes no terzo sur de Galicia arredor da madrugada.

meteogalicia

O NOSO MAR: Vento do oeste á mañá, do sudoeste á tarde e do sur á noite, forza 2 a 3 á mañá, 3 a 5 á tarde e 6 a 7 á noite. Mar ovellado á mañá, marusía á tarde e media vaga á noite. Visibilidade regular á mañá e á tarde e mala á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 3 a 4 metros á mañá e 2.5 a 3.5 metros á tarde e á noite.

Mareas


Muros
Hora*Altura
Baixamar04:191.7 m
Preamar10:582.8 m
Baixamar17:431.5 m
Vigo
Hora*Altura
Baixamar04:131.7 m
Preamar10:482.7 m
Baixamar17:361.6 m
Preamar23:542.6 m
Vilagarcía
Hora*Altura
Baixamar04:171.7 m
Preamar10:542.7 m
Baixamar17:411.5 m
Preamar23:592.6 m

Cámaras web da comarca  (algunha pode nun funcionar puntualmente)

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.