Veciños das Saíñas e BNG solicitan o arranxo do acceso a varias casas

13 Outubro 2021

Veciños e veciñas das Saíñas, na parroquia de Palmeira, puxéronse en contacto co Bloque Nacionalista Galego para trasladarlle os seus problemas de accesibilidade. En concreto, sinala o BNG, “compartiron con nós o prexuízo que padecen cada vez que entran e saen da casa por mor do mal estado no que se atopa o camiño de acceso ás súas vivendas”.

Segundo reflicte o BNG, o acceso a varias casas nas Saíñas “atópase en moi malas condicións cun pavimento disgregado e cunhas fochancas que provocan que o firme sexa esvaradío e perigoso para o tránsito de vehículos”. En palabras do voceiro do BNG, Xosé Vázquez Cobas, “se o Goberno local tivese unha boa planificación dos recursos e das obras, este camiño estaría arranxado, pero as prioridades do PP son concentrar os recursos no centro urbano”. Vázquez denunciou que “cando chove o camiño enlámase e a auga discorre por el ao non existir sistema de drenaxe nin canalización, situación que dificulta o transito das persoas que acceden ás súas vivendas”.

Desde o BNG consideran que “o Concello de Ribeira debería atender estas pequenas cuestións que supoñen un tema moi importante para as persoas que alí viven”. E engaden: “Xa expuxemos máis dunha vez, o Goberno local debería resolver estas pequenas cuestións que non requiren grandes investimentos pero contribúen a mellorar a calidade de vida da veciñanza” asegurou Cobas.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...