Un Noia inferior caeu en Somozas (2-0)

18 Outubro 2021

P.P.- Un mal comezo de encontro condenou ao Noia na súa visita a Somozas. Os noieses mostraron a súa peor cara no que vai de liga e pagárono na primeira metade onde xa perdían 2-0.

Costoulles entrar ao encontro aos de Iván carril, que parecían un equipo totalmente diferente aos das primeiras xornadas. A visita ao Manuel Candocia é unha das máis complicadas da Terceira Galega, e iso quedou demostrado desde ben cedo. Á media hora de xogo chegou o primeira tanto do encontro para os locais por mediación de Cañizares tras un pase de Marcos Álvarez. A partir dese momento o Somozas comezou a crear perigo e achegarse con maior insistencia aos dominios de Nahuel, que debutaba na portería noiesa. E cando parecía que o marcador non se ía a mover antes do descanso, Cañizares sentenciaba o partido.

Logo do paso polos vestiarios o Noia mellorou, e comezou a apertar máis obrigado polo resultado, e aínda que xeraron máis ocasións que na primeira metade, foron incapaces de reducir distancias nun marcador que acabaría 2-0 a favor do Somozas.

Con esta derrota, o Noia ocupa actualmente a sétima posición na táboa clasificatoria, empatados co sexto, quinto e cuarto clasificado. A vindeira xornada recibirán ao Arzúa no Julio Mato.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.