Un irregular Rotogal Boiro Voleibol suma un revés na cancha do Conectabalear Manacor

30 Outubro 2021


O Polideportivo Miguel Ángel Nadal foi un obxectivo inalcanzable para o Rotogal Boiro Voleibol. O conxunto de Marcelo “Chinés” Benavídez callou un partido irregular e, a pesar de que deu un bo nivel no segundo set, non puido dar a sorpresa #ante un Conectabalear Manacor que se amparou na inspiración ofensiva de Thiago Vanole e na súa habitual agresividade no saque para anotarse o triunfo (3-1).
O conxunto local despregou desde o inicio o seu habitual xogo baseado na contundencia no servizo.
O Rotogal Boiro Voleibol, que non se acabou de atopar cómodo na cancha dos manacoríes, pagou as intermitencias desde o arranque do choque e cedeu o primeiro set por 25-21.
O Rotogal Boiro Voleibol aparcou a súa cara máis agrisada e exhibiu a súa mellor versión na segunda manga, na que ofreceu unhas excelentes prestacións tanto na recepción como no bloqueo- defensa (22-25). Con todo, os visitantes careceron de continuidade e víronse desbordados por un adversario que volveu presionar moito co saque para pechar o duelo con relativa tranquilidade (25-18 e 25-17). (Miguel Álvarez)

Conectabalear Manacor, 3: Walter da Cruz, Sergio Ramírez, Thiago Vanole, Víctor Méndez, Raymond Barsemian, Caetano Filter e Antoni Piris (líbero). Tamén xogaron José Chourio e Miguel Gallego.
Rotogal Boiro Voleibol, 1: Gaby del Carmen, Mario Iglesias,José Carlos Romero, Felipe Benavídez, Renan Levandoski, Gaspar Bitar y Adrián Alves (líbero). Tamén xogaron Ismael Martínez, Pablo Nieto e Alan Davila.
Sets: 1-0 (25-21), 1-1 (22-25), 2-1 (25-18) y 3-1 (25-17).
Árbitros: Saiz Goyenechea e Rodríguez Machín.
Incidencias: Partido disputado no Polideportivo Miguel Ángel Nadal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.