Tres persoas feridas na colisión de dous coches en Boiro


N
o concello de Boiro, o sistema E-Call alertou ao 112 Galicia dunha colisión entre dous vehículos en Cespón.

Pasadas as 18:30 horas, o ocupante dun coche informou ao 112 Galicia mediante o sistema de alerta E-Call de que acababa de colidir de fronte contra outro na estrada comarcal AC-305.

Así, os operadores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia (CIAE-112) facilitáronlle os datos do sinistro ao persoal médico, á Garda Civil de Tráfico, á Policía Local, aos Bombeiros do municipio e a Protección Civil.

Finalmente, os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Boiro comunicáronlle ao 112 que resultaron feridas tres persoas e que unha delas tivo que ser trasladada ao Hospital do Barbanza.

Accidentes y Noticias