Suma Ribeira critica o delegado provincial por, di, facer política no acto de homenaxe ás vítimas da Covid

25 Outubro 2021

Nun comunicado feito esta tarde a formación política “Suma Ribeira” di que lamenta que o acto de homenaxe ás vítimas da COVID celebrado o pasado sábado se tivera convertido nun acto de partido do PP, cunha intervención que califica de “obscena” por parte do delegado da Xunta pola provincia da Coruña, Gonzalo Trenor, quen aproveitou a súa intervención para contrapoñer a política “exitosa” de Feijóo fronte aos que queren subir impostos e impoñer peaxes nas autovías, en clara alusión ao goberno do Estado.
Suma Ribeira, que xa anunciara que non participaría institucionalmente no acto por discrepancias coa súa organización á marxe do conxunto das forzas políticas e sociais de Ribeira, como correspondería a un acto destas características, considera lamentable que un representante da Xunta aproveitara a dor e os sentimentos das persoas para facer política carroñeira, afirmando que a Xunta de Galicia é a que mellor representa a vontade dos galegos e galegas e rebaixa impostos para potenciar a recuperación económica mentres outros os suben e nos queren impoñer peaxes nas autovías.
Non foron de recibo, din, as formas, nin moito menos que unha homenaxe, que o seu entender foi organizado con eivas ao consenso, e que debera servir para unir a toda a cidadanía de Ribeira, fose utilizada politicamente e de xeito partidario polo Delegado Provincial da Xunta, obstaculizando así a percepción dunha Homenaxe de unidade ante os efectos da pandemia da pluralidade e diversidade de toda Ribeira.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.