Stop Deshaucios pide ao Concello de Ribeira que se habilite un parque de vivendas baleiras para as familias sen fogar

07 Outubro 2021

O noso colaborador José Manuel Pena, coordinador da plataforma Stop Deshaucios Barbanza, vén de compartir unha comunicación enviada ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, co obxectivo de lograr a máxima implicación do Concello para “contar cun parque de vivendas baleiras” que se poida pór a disposición das familias en risco de ficar na rúa, desprovistas de alternativa habitacional algunha. Asemade, pídese estudar un posíbel aumentado do IBI aos grades propietarios que posúan máis de 10 vivendas e que as manteñan baleiras con fins especulativos, acaparadores ou doutra índole.

Reproducimos a misiva co fin de coñecer polo miúdo os obxectivos:

“Estimado alcalde, como portavoz da Plataforma Stop Deshaucios Barbanza, hai que insistir na necesidade de contar cun pequeno parque de vivendas baleiras para poder atender ás familias humildes que precisan dunha alternativa habitacional, por orde xudicial, evitando desta maneira o ter que derivalas provisionalmente a algún local de restauración ou ben a algún albergue fóra da comarca. En ocasións hai menores e hai que garantirlles a máxima atención. Por outra banda, señor alcalde, tamén sería conveniente sopesar a posibilidade de acollerse á atribucións que concederá a a futura lei de vivenda do Goberno do Estado, en relación ao aumento do IBI aos grandes propietarios, con máis de dez vivendas baleiras que non as poñan en réxime de aluguer. O problema da vivenda, no municipio de Ribeira, continúa a ser un problema para demasiadas familias e urxen solucións prácticas e reais. Grazas”.

Outros artigos

Ribeira celebra o San Cristovo este domingo

Dous periodos de festas habia en Ribeira. As tradicionais do verán en agosto, que co paso do tempo foron tomando mais pulo ata converterse nas principais, e as dá Patroa, en setembro. Por certo estas últimas chegaban a xuntar as celebracións de varias festas locais e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

“Cordura y centralidad”. Alberto Barciela

Los anhelos, las ambiciones desmedidas, pero también las más o menos comprensibles, se confunden entre tantos escombros, entre los cascotes de lo que fueron los valores consensuados por la sociedad, la política, la Justicia, la economía. Incluso las referencias...