Salvamento Marítimo remolca un mercante que sufriu unha avaría fronte a cabo Corrubedo

28 Outubro 2021
Buque Salvamenro Don Inda

O buque ‘Don Inda’ de Salvamento Marítimo remolca cara ao porto de Vigo un mercante que sufriu unha avaría fronte á costa galega, á altura de Finisterre (A Coruña) e a unhas 42 millas ao oeste de cabo Corrubedo.
O buque ‘ Elbsky’ sufriu unha avaría mecánica que conlevou que se detivese á saída dun dispositivo de separación de tráfico, que exerce como unha autoestrada no mar, situado á altura de Finisterre.
Salvamento Marítimo contactou con este mercante e informoulle de que debería contratar un remolque comercial se a avaría non podía repararse. Este xoves, o ‘ Elbsky’ confirmou que o problema non puidera solucionarse e indicou que contratara ao buque ‘Ría de Vigo’ para que o remolcase ao porto da cidade olívica para a súa reparación pero ante as previsións meteorolóxicas e o feito de que o ‘Ría de Vigo’ aínda non chegara ao lugar obrigou a Salvamento Marítimo a remolcar ao mercante en dirección ao porto de Vigo, onde se procederá á reparación da avaría sufrida.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pasada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...