A xunta de goberno local do Concello de Ribeira aprobou no día de hoxe as bases para a provisión en propiedade de dúas prazas no organigrama municipal.
En concreto, unha praza de auxiliar de biblioteca e outra de arquitecto técnico.
Tanto no que atinxe á praza de auxiliar de biblioteca (persoal laboral fixo) como a de arquitecto técnico (funcionario de carreira) o proceso selectivo será por oposición. As bases serán publicadas nos próximos días no Boletín Oficial da Provincia (tamén se poderá acceder ás mesmas a través da páxina web do Concello).
Ademais, tamén se aprobaron as bases que rexerán a creación dunha bolsa de emprego para contratación temporal dun psicólogo que se encargue do desenvolvemento dos talleres de estimulación cognitiva (obradoiros de memoria) adscritos ao Programa de Dinamización Social e Cultural das Persoas Maiores que promove a Concellería de Servizos Sociais.
Neste último caso, o sistema de selección será o de concurso oposición.
