Remataron os novos traballos para acondicionar e protexer o Castro de Baroña

18 Outubro 2021

O Castro de Baroña vén de ser obxecto dunha serie de traballos de mantemento, limpeza e conservación. O resultado destas tarefas foi supervisado o pasado venres 15 de outubro polo alcalde Luis Oujo e máis a concelleira de Facenda, María Maneiro, acompañados de Luis Francisco López, co-director das actuacións levadas a cabo, que se centraron sobre todo en limpar e consolidar os diferentes elementos do xacemento, amais de arranxar as desfeitas (estruturais e medioambientais principalmente) ocasionadas polo importante fluxo de turistas que visita anualmente este importante enclave arqueolóxico.

A visita deste venres 15 ao Castro de Baroña nunha imaxe de El Correo Gallego

Tamén se traballou para recuperar e protexer aquelas partes que máis sofren o embate do mar e dos temporais. Todos coincidiron na necesidade de proseguir cos traballos de conservación do castro e facer todo o posíbel para seguir protexéndoo dos estragos producidos polos elementos naturais e, tamén, pola parte máis incívica do factor turístico. De feito, o Concello recoñeceu que xa traballa na procura de fondos para levar a cabo novos traballos, destinados non só á conservación, senón a seguir sacando á luz os tesouros que aínda agocha o xacemento, que, segundo sinalaron, calcúlanse que son moitos e variados (novas vivendas, escaleiras ou peches que fican aínda soterradas).

Outros artigos

Este venres comeza a edición 2026 das Festas da Guadalupe

Chegou o día para o inicio das Festas da Guadalupe de Rianxo, edición 2026, organizadas un ano máis pola Asociación A Moreniña en colaboración co Concello. A troula comeza este venres 11 de setembro cunha Noite Retro e estenderase até o 18, tamén venres, conformando...

+

Chega a Ribeira a exposición que reivindica o legado de José Suárez

A praza do Centenario de Ribeira acolleu hoxe a inauguración da exposición itinerante José Suárez, vida e obra, que recala en Santa Uxía ata o 29de setembro baixo o amparo da Real Academia Galega de Belas Artes e ao abeiro dos actos promovidos con motivo do Día das...

+

Baila con Nós 2026 abre unha nova tempada de baile na Pobra

O Concello da Pobra do Caramiñal e o Taller Alecrín presentaron este xoves unha nova edición de Baila con Nós 2026, unha iniciativa que achega o baile á cidadanía ao tempo que promove a actividade física e uns hábitos de vida activos e saudables. Na rolda de prensa...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.