Remata cunha chuvia de premios a campaña Volta ao Cole dos empresarios de Ribeira

05 Outubro 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira puxo o remate á campaña Volta ao Cole, coa que se buscou reactivar a aposta polo comercio local no concello neste inicio da tempada escolar. A edición 2021 da campaña finalizou co sorteo da mesma, a través da cal resultaron premiadas 20 persoas cun vale de compra por valor de 50 euros.

Presentación da iniciativa comercial, o pasado verán

Os premios repartíronse entre 20 establecementos socios e, segundo confirmou a Asociación de Empresarios, o número de participacións foi de preto de 2.000. A patronal tamén aproveitou para agradecer a implicación de todos os clientes, novamente, un apoio que resulta crucial, neste intre economicamente complexo, para os establecementos de Ribeira.

As persoas agraciadas poderán recoller a partir deste martes 5 de outubro cadanseus premios na sede da asociación na rúa Rosalía de Castro, en horario de oficina.

A entidade que preside Francisco Martínez Gude tamén fixo saber que ao longo da campaña entregáronse 20 agasallos ás familias numerosas que se presentaron no local da asociación cun tícket de compra dalgún dos establecementos socios.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.