Proseguen as Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán cunha conferencia e unha función teatral

11 Outubro 2021

A Pobra do Caramiñal continúa inmersa na programación da vixésimo terceira edición das Xornadas de Homenaxe a Valle-Inclán, que se estenderá ao longo de todo o mes de outubro. Así, para esta mesma fin de semana están
programadas dúas citas.
José Antonio Ponte Far ofrecerá no venres 15, ás 20.00 horas, a conferencia O pazo na obra literaria de Valle-Inclán, Pardo Bazán e Torrente Ballester. Será no Auditorio do Museo Valle-Inclán.
E, no sábado 16, ás 20.00 horas, Tatana Teatro encargarase de representar sobre as táboas do Elma a función Ouróboro. O retorno de Luces de Bohemia.
A entrada é de balde e as persoas interesadas en asistir deberán formaliza-la súa reserva a través do enderezo electrónico museo.valleinclan@apobra.gal ou dos teléfonos de contacto 981831662 e seguiranse as medidas establecidas por mor da COVID-19.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

“Chorar como un tolo”. Luís Celeiro

Choraba como un tolo e nunca pasaba nada. Outros rían como tolos e moitos esperaban, aga ocasión para chorar desesperadamente, como se cada un deles fose unha alma en pena saltandopolas alturas, polos cumes de Pena Trevinca, Punta Negra ou Pena Surbia. Naquelas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.