Presentado no Son o libro que resume as experiencias do alumado adulto do IES Campo de San Alberto

04 Outubro 2021

Este domingo 3 de outubro celebrouse en Porto do Son a presentación do libro En un lugar de esta aula, escrito por Suso Montero, Mariela Dosil, Carolina Mourelos e Jesús Montero. Foi na Casa da Cultura da vila sonense, ás 19.30 horas.

A obra presentada é froito do traballo desenvolvido polo profesorado de Noia, no Instituto Campo de San Alberto, nas actividades de ensino para adultos levadas a cabo ao longo destes anos. A través do proxecto formativo de dinamizador En un lugar de esta aula, o alumnado puido levar a cabo unha guía pedagóxica (que foi a que se presentou en Porto do Son, coordinada por Mariela Dosil) e máis un xogo interactivo.

A guía contén un banco de actividades sobre 45 textos da literatura galega, española, portuguesa inglesa e iberoamericana.

O outro gran proxecto do grupo foi O Camiño das palabras, que é o nome do xogo interactivo, que funciona de xeito similar ao xogo da oca. O concello Noia é o fío temático condutor desta proposta innovadora de lecer e divulgación, a través dos gravados das laudas gremiais e petróglifos da contorna.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

“Nadie quiere la guerra?” – Manuel Domínguez

Nadie quiere la guerra, mentira. Cuando se cerró la fábrica de armas de Coruña (nombre ficticios) tanto Juan como el sobrino Pablo fueron al paro, y la hipoteca sin pagar. En el norte de España tenemos una fábrica de armas , entre otras cosa fabrica buenas escopetas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.