Óscar Barrera e José Lojo, gañadores do certame de fotografía contra a pobreza de ABAS

19 Outubro 2021

O valenciano Óscar Barrera Tévar e o pobrense José Lojo Fernández resultaron gañadores do Primeiro Concurso de Fotografía Vidas Anónimas, obtendo o primeiro e o segundo premio no certame (respectivamente) organizado pola asociación ABAS co apoio do Concello de Ribeira.

Francisco Javier Gómez como coordinador da devandita asociación e María Sampedro como concelleira de Cultura compareceron este 19 de outubro no Consistorio para mostrar as creacións distinguidas, estando acompañados polo segundo dos galardoados (Óscar Barrera non puido acudir ao evento por atoparse fóra de Galicia e remitiráselle o seu premio: unha tableta de 64 gigabytes).

Óscar Barrera xa conta cun bo número de distincións no seu currículo, tales como o primeiro premio do Concurso de Fotografía de Economía y Comercio do Colegio de Economistas de Madrid, o quinto premio do concurso organizado polo sindicato CSIF, o terceiro do Concurso de la Pobreza y el Empleo da Red Española contra la Pobreza ou o premio Baros de Fotografía no 2017, entre outros.

Da súa creación destaca o xurado que “segue a famosa premisa do fotoxornalista Robert Capa que di que se as túas fotografías non son o suficientemente boas é porque non estás o suficientemente cerca”.

En canto a José Lojo, segundo o criterio do xurado resultou merecedor do galardón “porque a súa instantánea reflexa como a sociedade ten normalizado que o noso lixo, o que xa no nos serve, sexa algo que mellore a vida doutras persoas”. O pobrense recibe unha noite de hotel para dúas persoas nunha estancia en España ou Portugal.

Francisco Javier Gómez agradeceu a colaboración do Concello de Ribeira e da empresa local Toxo Telecom, mentres que María Sampedro prometeu o apoio do Concello para as sucesivas anualidades do concurso.

A esta primeira edición presentáronse unha vintena de imaxes.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ser joven en España”. José Castro López

“Ser joven en España”. José Castro López

La mayoría de las sentencias judiciales pasan desapercibidas. Otras, sin embargo, sonmuy llamativas porque el veredicto recae sobre aspectos muy sensibles de la vida socialo familiar. Como ha ocurrido en Italia.Hace unos meses un tribunal obligó a dos hombres de 40 y...