“Os vínculos entre España e Portugal benefician á pesca e o agro”. Antón Luaces

28 Outubro 2021

O ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, participou este xoves na localidade estremeña de Trujillo, no XXXII cumio hispano-luso no que os xefes de Goberno de ambos os países e as súas respectivas delegacións abordan cuestións de interese e en beneficio mutuo. No encontro bilateral de Agricultura e Pesca, co ministro Planas tamén participaron a ministra de Agricultura e o ministro do Mar de Portugal, María do Céu Antunes e Ricardo Serrâo, respectivamente.

En materia de pesca, no cumio hispano-luso abordáronse cuestións como a futura Política Pesqueira Común, unha reforma na que ambos os países apostan por un enfoque orientado á sustentabilidade desde un punto de vista económico e social, máxime cando xa se van coñecendo os froitos dos esforzos sobre a sustentabilidade medioambiental  dos mares e océanos, concordando en que resulta necesario mellorar a rendibilidade e fomentar a modernización da frota coa fin de xerar condicións axeitadas para o relevo xeracional, asunto este que afecta especialmente aos sectores marítimo-pesqueiros de España e Portugal.
No que atinxe ás posibilidades de pesca para 2022, España vai seguir contando con Portugal para defender as prioridades  comúns da península no Consello Europeo. A estreita colaboración dos últimos anos na xestión da sardiña ibérica -primordial para os dous países- ofreceu resultados moi satisfatorios converténdose nun exemplo a seguir noutras pesqueiras.

O ministro Planas aproveitou a ocasión para felicitar ao Goberno portugués polo seu liderádego na gobernanza internacional dos océanos e manifestou a vontade de España de participar, activamente e a todos os niveis, na Conferencia de Nacións Unidas a celebrar en Lisboa no vindeiro mes de xuño na que se vai tratar da implementación do Obxectivo de Desenvolvemento Sustentable 14. Ambos os países traballan en colaboración para conservar e utilizar sustentablemente os océanos, os mares e os recursos mariños para o desenvolvemento sustentable. En materia agraria, Portugal e España intercambearon os seus enfoques sobre o Plan Estratéxico que está a elaborar cada país, sobre todo no que atinxe aos ecoesquemas, dado que comparten territorio e ecosistemas comúns, como por exemplo o de devesa.

O ministro español felicitou á sua homóloga portuguesa polo seu labor e esforzo para acadar o acordo sobre a nova Política Agraria Común (PAC) durante a presidencia lusa da UE. Sinalou Luis Planas que o obxectivo é garantir que a lexislación secundaria manteña fidelidade ao acordo acadado en xuño pasado, así como a aplicación da PAC sinxela e simplificando os trámites burocráticos para agricultores e gandeiros.

Outros artigos

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...

+

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...