Os socialistas reclaman melloras na iluminación e na seguridade da ponte sobre a ría de Noia

07 Outubro 2021

A deputada socialista Noa Díaz vén de rexistrar unha batería de iniciativas no Parlamento de Galicia para que a Xunta destine unha partida específica para mellorar a iluminación, a seguridade e a protección da senda peonil da ponte sobre a ría de Noia.
A parlamentaria do PSdeG lanza estas demandas tras constatar que o alumeado básico da ponte leva varios meses deshabilitado, o que provoca que as persoas que circulan a pé pola noite “teñen que facelo a escuras o maior parte do traxecto”.
A maiores, Noa Díaz tamén sinala que “a veciñanza denuncia que, logo de seis anos da súa inauguración, a varanda exterior da ponte está xa en mal estado” e que “os elementos que protexen ao peón dos pasos dos vehículos non son suficientes”.
Noa Díaz explica que a ponte da variante de Noia abriuse cunha iluminación básica na que se investiron 92.671 euros. “Catro anos máis tarde”, prosegue, “estreábase unha nova iluminación cun custe final de 326.943 euros, que pretendía complementar a primeira cun proxecto ornamental pensado como atractivo para as persoas visitantes e tamén para mellorar a visibilidade da contorna da ponte durante a noite”.
Segundo explicaba daquela a propia Xunta de Galicia, o obxectivo era potenciar os característicos tirantes verticais da ponte ou permitir a creación de escenas mediante o axuste da intensidade de luz e cor, entre outros. Esa actuación incluía ademais o balizamento da zona peonil, con focos led e cun ángulo de apertura asimétrica para evitar o cegamento dos vehículos.
Porén, Noa Díaz denuncia que “o que pretendía ser unha actuación para completar a mellora do alumeado desta ponte resultou todo o contrario”. Nestes momentos, “a ponte si conta coa iluminación decorativa pero a da senda peonil leva meses sen funcionar” cos conseguintes problemas para as persoas usuarias, xa que ese alumeado resulta “claramente insuficiente”.

wikipedia

Outros artigos

As actividades do Día da Muller de Porto do Son proseguen ata xuño

Esta semana proseguiron as actividades do Concello de Porto do Son para celebrar o 8M, Día Internacional da Muller. A axenda comezou cunhas xornadas gratuítas de ioga e proseguiu coa Andaina pola Igualdade deste domingo 16, continuando na Biblioteca Municipal este...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

“Empiezan quemando libros”. Manuel Dominguez

Siéntate pacientemente junto al río y verás pasar el cadáver de tu enemigo flotando».Llevo un tiempo y no veo resultados, más aun los resultados que veo son contra la vida, contra la justicia, todo fluye en mi contra, en nuestra contra.Presidentes USA asesinados,...