Os socialistas de Ribeira piden arranxar as luminarias da contorna do Mercado Municipal

25 Outubro 2021

Os socialistas de Ribeira, por medio do seu concelleiro-voceiro José Manuel Vilas, presentaron un rogo para ser debatido en pleno relativo ao alumeado da praza da Lonxa de Ribeira, concretamente na rúa situada entre o Mercado Municipal e a entidade bancaria localizada neste punto da fachada marítima.

Nesta contorna, indican, as luminarias instaladas no pavimento (focos redondos) deixaron de funcionar hai xa certo tempo, achegando un problema de transitabilidade e accesibilidade que se agrava coa chegada dos meses de inverno, con noites máis longas e cunha escuridade “que se fai máis notoria nos portais de acceso aos edificios das vivendas”, indican.

A agrupación pide no rogo que por parte do grupo de Goberno se proceda a repoñer o alumeado axeitado no rueiro da praza de Lonxa, entre o Mercado Municipal e o inmóbel número 1 que está situado en fronte.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...