Os nosos peixes e mariscos están presentes na feira xermana Anuga coa campaña Galicia sabe amar

11 Outubro 2021

A Consellería do Mar está presente cun posto de máis de 140 m2 na feira alemá Anuga que se celebra na cidade de Colonia ata este mércores, 13 de outubro. Alí o Goberno galego promociona os peixes e mariscos galegos a través da campaña Galicia sabe amar, que incide “na importancia de consumilos” e “na gran variedade de produtos da máxima calidade que o complexo mar-industria de Galicia pon a disposición da cidadanía”.

Ademais o posto da Consellería do Mar alberga a nove empresas coexpositoras que contan cun espazo propio no expositor que o Executivo galego ten neste evento. Estas empresas son a ribeirense Conservas Cerqueira, Barlovento, Cassua, Conservas del Noroeste, Alfonso García López, Orbe, Pescados Rubén, Conservas Friscos e Conservas Portomar.

A feira Anuga é de carácter bienal e está dirixida a un público exclusivamente profesional e nela danse cita cadeas de supermercados e distribuidores do sector, tanto de venda ao por maior como minoristas. Por primeira vez a feira conta ademais cun formato dixital que ofrece a posibilidade de establecer unha rede de contactos.

Outros artigos

Noia alzou a voz contra a violencia machista

Na mañá deste mércores 25 de novembro, o alumnado dos centros educativos de Noia foi protagonista da lectura do manifesto con motivo do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra as Mulleres. A axenda deste mércores deu comezo ás 11.45 coa lectura da...

+

Ribeira suma unha nova veciña centenaria: Rosa Dios Cores

Rosa Dios Cores soprou onte o número 100 para converterse nunha nova veciña centenaria de Ribeira. A alcaldesa, María Sampedro, e o concelleiro de Servizos Sociais, Vicente Mariño, desprazáronse ata o domicilio familiar da parroquia de Oleiros para compartir tempo nun...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

“Desde la ventana del aula”. José Castro López

Cuenta Eduardo Infante en su libro Filosofía en la calle que, mientras explicaba un díala metafísica de Aristóteles en el instituto, advirtió que los alumnos tomaban notas ensus cuadernos. Pero al fondo de la clase estaba una chica sentada junto a una ventanaque no...