Os empresarios de Ribeira activan unha campaña en apoio dos damnificados polo volcán en La Palma

25 Outubro 2021

A Asociación de Empresarios de Ribeira fixo pública unha campaña para apoiar ás persoas e ás empresas damnificadas pola erupción do volcán da Palma, que comezou hai máis dun mes provocando innumerábeis perdas materiais para a veciñanza e o tecido económico da illa, especialmente nas localidades máis próximas ás coadas de lava.

A campaña porá o foco nun dos principais activos económicos de La Palma, que dá sustento directo e indirecto a milleiros de fogares: os plátanos. Deste xeito, farase o preciso para que estes produtos sexan repartidos dende os diferentes establecementos da asociación. Mediante esta iniciativa, cada persoa que o desexe poderá levar dos locais os plátanos que considere oportunos, previo depósito de 1 euro de cota mínima por banana, quedando á súa vontade a cantidade a maiores que queira depositar nas urnas que para tal e efecto serán colocadas nos establecementos participantes.

Dita campaña materializarase en colaboración con Cáritas.

A asociación, na presentación da mesma, aproveitou para facer un chamamento á cidadanía de Ribeira a prol de conseguir a máxima participación e repercusión: “É o momento de arrimar o ombreiro e poñer o noso gran de area e contamos para iso coa colaboración das froiterías pertencentes á nosa asociación que serán as encargadas da subministración e reposición dos plátanos aos establecementos participantes”.

E engade a patronal: “Animámosvos a todos a participar xa que se trata dunha causa de necesidade e mediante esta campaña esperamos poder paliar algo, moi pouco sen dúbida dado o enorme dano causado, e que a nosa cidade dea mostra unha vez máis desa entrega que tan demostrada ten noutras moitas accións a favor dos necesitados”.

Outros artigos

Ribeira prepara xa a III Milla do Día da Hispanidade

O Concello de Ribeira colabora coa Escola de Boxeo El Canario no desenvolvemento da III Milla Día da Hispanidade que se celebra o vindeiro luns 12 de outubro con saída ás 11.00 horas, dende o Malecón. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Álex Vidal, e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Desde la ventana”. Mario Clavell

“Desde la ventana”. Mario Clavell

En este martes laborable miro desde mi ventana de trabajo el valle del Sarela, monte Pedroso detrás, los cultivos agostados debajo, el barrio de Casa Novas y la Casa del Presidente. Nubes de otoño y algunas gaviotas que planean. Chopos y plátanos amarillean en este...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.