Os areais de Barraña, Gafa, Portosín, Aguieira, Tal, Serres e Louro, incluídos na nova Limpeza Simultánea de Praias

13 Outubro 2021

A asociación ecoloxista ADEGA convocou un ano máis a Limpeza Simultánea de Praias, unha xornada de voluntariado ambiental que ten como propósito “concienciar á sociedade na loita contra a contaminación mariña”. Esta X edición celebrarase os vindeiros 15 e 16 de outubro nos areais galegos. Na listaxe están incluídos varios da nosa comarca: a praia de Barraña (Boiro) e as de Gafa e Portosín (Porto do Son). No primeiro caso encargarase da limpeza o voluntariado do CEIP Santa Baia e no segundo o CEIP de Portosín. Tamén se inclúen as praias de Tal e Serres, en Muros, cuxa limpeza será cometido do IES As Insuas, e o areal de Louro, que será liberado de refugallos polo Concello e máis ADEGA. O voluntariado de ADEGA Compostela encargarase de actuar na praia de Aguieira, tamén en Porto do Son.

Alta (e variada) participación

Foron chamados a participar na limpeza de praias e denunciar esta problemática ambiental os centros de ensino, escolas de surf, centros de mergullo, clubs de piragüismo e vela, pescadores, mariscadoras, concellos, e entidades de todo tipo, tanto públicas como privadas, ademais das persoas particulares.

O obxectivo das limpezas de praias é “o de eliminar parte dos residuos que están nas praias como símbolo de chamada de atención sobre esta a situación de contaminación que sofren as nosas praias e areais”. Segundo ADEGA, as principais causas desta problemática ambiental débense situar no modelo de consumo e produción baseado no modelo “usar e tirar”, a deficiente xestión dos residuos que xeramos e a falta de concienciación dalgúns sectores da poboación. “Todo iso fai que cada ano 10 millóns de toneladas de lixo rematen nos océanos, procedente en parte da industria do mar (pesca, extraccións…), pero tamén dos nosos fogares”, explica a asociación.

Na edición do ano pasado da Limpeza Simultánea de Praias retiráronse do litoral galego preto de 3 toneladas de residuos, principalmente microplásticos, cabichas e pauciños de limpar as orellas, e participaron máis de 600 persoas. Para máis información: 628.378.804.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.