O Unión consegue un meritorio empate ante o Flavia (0-0)

26 Outubro 2021


Este Unión vai en serio. O calendario deparoulle aos de Asados o comezo de liga máis duro posible, e saldouno con nota. Na primeira xornada cunha vitoria na casa fronte ao Lalín e esta fin de semana traendo un punto logo da súa visita ao Flavia. Incluso pode parecer pouco para un Unión que na segunda metade mereceu moito máis e estivo máis preto do triunfo que da derrota.
Os de Luisito saltaron ao verde de Padrón repregados, pechando espazos á xente de ataque dos locais e buscando trenzar rápidos contragolpes. Ambos cadros sabían que serán rivais directos, e deixárono claro desde o principio, sen apenas arriscar e priorizando o non cometer erros nos primeiros 45 minutos.
Ben distinto foi o segundo período. O Unión saíu máis valente, mostrando unha gran condición físico para estas alturas de tempada, e comezaron a apertar ao Flavia. Luisito moveu o banquillo en busca da vitoria, que a piques estivo de chegar. Un remate á saída do córner do sempre perigoso a balón parado Pablo Novo que saíu preto do pau, foi a máis clara dunha segunda parte na que os de Asados deixaron claro que están destinados a loitar polos postos de promoción. Nada fixo mover o marcador nun encontro no que se viron dous equipos moi ben traballados.
Con este resultado o Unión sitúase na sexta posición con 4 puntos. A vindeira xornada recibirán ao Agolada.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...