O Rotogal Boiro Voleibol afronta a quinta xornada da Superliga con todos os seus efectivos

28 Outubro 2021

O Rotogal Boiro Voleibol afronta a quinta xornada da Superliga co persoal ao completo. Nesta ocasión, o rival será o Conectabalear Manacor (o sábado ao seis da tarde na pista dos baleares), un equipo que gozou do liderado na competición e que a pasada finde sufriu a primeira derrota do curso fronte ao Melilla (3-0).

O Rotogal Boiro Voleibol, pola súa banda, comparecerá na cancha do Manacor despois de medirse a Guaguas, Almería e Teruel, os máximos favoritos da competición. Neste sentido, o técnico Marcelo Benavídez explica que “xogar contra o tres equipos máis importantes, sobre o papel, dános agora a posibilidade de buscar mellores resultados e ir de abaixo cara arriba; veremos como avanza o torneo”.

Trala disputa das catro primeiras xornadas, os da Cachada ocupan a oitava posición con catro puntos (cinco menos que o rival de pasadomañá). Sobre o Manacor, o adestrador do Rotogal Boiro Voleibol sinala que “é un rival con experiencia na Superliga, con xogadores que levan moito tempo xuntos, pero creo que estamos á altura para facer un gran partido”.

Segundo aclara Benavídez, unha das materias pendentes do Rotogal Boiro Voleibol é alcanzar unha liña de regularidade durante os partidos, tentando mellorar o arrinque nos mesmos: “Pasounos, sobre todo, contra Almería e Guaguas, dous partidos nos que non tivemos o noso mellor rendemento nos primeiros sets, pero, a partir do terceiro, fomos xogando mellor. Iso non nos sucedeu contra San Sadurniño, xa que aquel día empezamos ben e terminamos xogando mal o terceiro set. Pero eu creo que isto vai da man do adestramento e de que nos vaiamos coñecendo todos individualmente como equipo”, comenta o adestrador.

Un intre do pasado lance contra o Teruel

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.