O Rotogal Boiro enfróntase ao San Sadurniño este sábado na Cachada

07 Outubro 2021

O Pavillón da Cachada albergará pasadomañá o primeiro partido da tempada como local do Rotogal Boiro Voleibol na Superliga (ao sete da tarde). A dous días da disputa do derbi ante o San Sadurniño, o técnico Marcelo Chino Benavídez considera que o seu equipo traza unha liña ascendente: “Estamos moito mellor que a semana pasada, ímonos pondo en forma e o equipo está a acomodarse para empezar a competir”.

Como lembraremos, na primeira xornada, o Rotogal Boiro Voleibol debutou na pista do campión cunha derrota (3-0). No entanto, Benavídez extrae algúns datos positivos daquel encontro: “Nese

partido, fomos de peor a mellor; terminamos a moi bo nivel, cun terceiro set no que xogamos

de ti a ti ao Guaguas. Este fin de semana, o equipo vai estar moito mellor e máis preparado”. No que respecta ao duelo do sábado, sinal que “é un derbi, un partido con características distintas por ser dous equipos da mesma rexión. Os dous necesitamos os puntos. Eles teñen bos xogadores e xogan ben ao voleibol, así que veremos cal é o resultado. Esperemos que moitos seareiros veñan apoiarnos e que podamos conseguir o triunfo”.

Ambos os conxuntos medíronse hai once días en semifinais da Copa Galicia. Acerca dese

precedente, Benavídez afirma que aquel enfrontamento “deunos información, sabemos máis ou menos como xogan. Tamén eles obtiveron datos de nós. Pero, entón, José Carlos Romero chegara o día anterior e noso outro estranxeiro cinco días antes, así que agora temos outra rodaxe na preparación física”.

O Rotogal Boiro Voleibol contará coa baixa de Felipe Benavídez, que non puido participar no partido do pasado sábado ante o Guaguas e que podería permanecer unha ou dúas semanas máis afastado das canchas.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

“O sinal dos paxaros”. Luís Celeiro

Foi, dende a cidade onde vive e traballa, ao lugar onde permanece co teito enteiro a casa ondenacera, a mediados do século pasado. Alí, nunha das vigas de castiñeiro daquel enorme e baleirocurral, estaban as andoriñas facendo o niño. Ían e volvían enseguida con terra...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.