O Puebla tómalle o pulso á competición ante o Laracha (0-2)

26 Outubro 2021

Segundo triunfo consecutivo do Puebla nesta Preferente. Fíxoo de forma cómoda ante un Laracha que se viu superado desde o primeiro minuto de encontro. Falcón, con dous goles dignos da súa zurda, foi o home decisivo para un Puebla que gañou 0-2 e logrou a súa primeira vitoria como visitante.

O duelo arrancou cos branquiazuis moi superiores e imprimindo moito ritmo ao inicio do encontro. Tal foi así que no minuto 3 Xabi mandou un remate ao traveseiro, e na seguinte xogada Falcón poñería o 0-1 cun gol olímpico. Antes do minuto 10, Viturro fallou un penalti, un feito que deu enerxía aos locais que comezaron a meterse no partido.

Pero nada máis lonxe da realidade, logo do paso polos vestiarios Viturro e Santi estiveron a punto de anotar un segundo tanto que chegaría no minuto 53 logo dun zapatazo de Falcón. A pesares dos intentos do Laracha por acercarse no marcador, o Puebla foi quen máis cerca estivo de aumentar a vantaxe, pero o electrónico non se movería do definitivo 0-2.

Con este triunfo o Puebla colle aire e sitúanse en posto de promoción de ascenso por primeira vez na tempada con 8 puntos. A vindeira xornada recibirán ao Fisterra, que actualmente ocupa a terceira praza con 10 puntos.

Outros artigos

Pesar na comarca polo pasamento de Severino Escuris Batalla

O empresario barbancés Severino Escurís Batalla, presidente honorífico de Actemsa, faleceu este mércores aos cen anos de idade, pechando unha vida centenaria estreitamente ligada ao desenvolvemento do sector pesqueiro e conserveiro galego. Nado en Rianxo ou 18 de...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

“Barbacid, un científico pidiendo” – José Castro López

El cáncer de páncreas es una de las enfermedades más letales de su género y avanzar en su curación no es solo un éxito científico, es una esperanza tangible para miles de personas. Por eso, la investigación biomédica no es un lujo ni un capricho, es una inversión...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.