O Noia empata contra o Arzúa nun partido non apto para cardíacos(1- 1)

25 Outubro 2021


Canal CF Noia

P.P. Unha auténtica montaña rusa. Iso foi o encontro disputado no Julio Mato entre o Noia e o Arzúa. Co 0-1 no marcador, Fedello detivo un penalti que deixaba supoñía o 0-2, e a falta de cinco minutos Jesús Sayés empatou o encontro. Na última xogada do partido Sayés estivo a punto de facer o 2-1 nun encontro no que ambos equipos estiveron a punto de saír a hombros ou saír corneados.
Os de Iván Carril sabían que se trataba dun encontro clave para non descolgarse da parte media alta da táboa, e así o deixaron notar nos primeiros minutos, cunha presión avanzada e atacando a través do balón. Enfronte o Arzúa, replegado e facendo o campo pequeno para recuperar e saír rápido ao contragolpe. Sen embargo, serían os visitantes os que se adiantaron no marcador no 11’ logo dun disparo de Chiño. Co 0-1 no electrónico chegaríase ao descanso.
Tras a reanudación, o Arzúa renunciou ao ataque completamente e o Noia aproveitouno para facer dano á espalda e con maior velocidade na circulación de balón. Pero ao igual que na primeira metade, sería o Arzúa o que tería na súa man o partido. No minuto 54, Fedello cometeu un penalti máis que polémico. Brais Pedreira quixo deleitar á grada cun panenka que o gardarredes do Noia adivinaría.
A partir desde momento, os noieses saíron en tromba a polo empate e mais coa dobre expulsión por cartón amarelo de Iván García e Pedro Delgado. E cando o encontro agonizaba, no 85’ Jesús Sayés puxo o empate a 1. Tras isto, Aleix Ruiz foi expulsado con cartón vermello directo por protestar airosamente. O Noia foi unha tromba ofensiva, e na
última do encontro, Sayés mandou un cabezazo a centímetros da portería que supoñía o 2-1, pero a sorte non estivo do lado noiés e o partido remataría con empate.
Con este resultado o Noia mantense na parte media da táboa con 11 puntos, a 4 da promoción de ascenso e a 4 do descenso. A vindeira xornada visitará ao Atlético Arnoia, colista con 2 puntos.

Outros artigos

Unha muller faleceu logo de ser atopada inconsciente na auga en Muros

Foi rescatada por unha mariscadora e, malia os intentos por reanimala, os servizos sanitarios só puideron confirmar o seu pasamento. Minutos despois das 14:15 horas, os xestores do 112 Galicia tiveron constancia dos feitos por vez primeira, a través dunha chamada de...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vergüenza o sinvergüenza”. José Antonio Constenla

“Vergüenza o sinvergüenza”. José Antonio Constenla

Desvergonzado es aquel “que habla u obra con desvergüenza”, y también elque “no muestra vergüenza por cometer acciones que se reputan inmorales”. Yvergüenza es la “turbación del ánimo ocasionada por la conciencia de algunafalta cometida, o por alguna acción deshonrosa...

“Para desfrutar dela”. Luís Celeiro

“Para desfrutar dela”. Luís Celeiro

As festas de verán en Galicia son ledicia, festa, música e baile, verbena e fartura. Pola mañáé outra cousa, os traballadores teñen que respectar o horario e andar dereitiños cara aolugar do traballo. Ou cara ao ordenador que espera coa lámpada acendida e co disco...