O Museo do Gravado de Artes acolleu a presentación da tradución ao galego de “Iluminancións” e “Unha tempada no inferno” de Rimbaud con ilustracións de Manuel Teira

23 Outubro 2021

O Museo do Gravado de Artes viviu a presentación da primeira tradución tempada no inferno” e “Iluminacións”, do francés Arthur Rimbaud, un labor desenvolido por Eme Cartea, con ilustracións de Manuel Teira.

O evento estivo promovido pola Fundación Museo de Artes e a Asociacion Cultural Barbantia. Eme Cartea, Manuel Teira, Jesús Laíño, a primeira tenente de alcalde de Ribeira María Sampedro e Valentín García como secretario xeral de Política Lingüística da Xunta compareceron nun acto que estivo conducido por Pastor Rodríguez e que contou cun aforo absolutamente completo, con todas as cadeiras cubertas, tal foi a repercusión da iniciativa.

Durante a presentación, Cartea confesou ter vivido un ménage à trois no proceso tradutivo. “Durante anos eu durmín coa muller e con Rimbaud: días e noites foi o noso compañeiro inseparable”, afirmou o profesor, quen durante a súa intervención resumiu as vivencias deste poeta adolescente e rememorou unha das súas frases máis definitorias: “hai que ser absolutamento moderno”.

Manuel Teira sinalou que cando recibiu o encargo de realizar as ilustracións aceptouno sen pensalo e aludiu a que a poesía de Rimbaud é “un edificio de imaxes enorme”. Por iso foille fácil poñer a navegar a súa imaxinación, creando un total de 35 ilustracións que acompañan os textos traducidos por Cartea e que tamén conforman unha exposición inaugurada tamén onte no Museo do Gravado.

Valentín García recordou que aínda que autores como Otero Pedrayo ou Vicente Risco traduciron fragmentos do poeta galo ao galego, esta é a primeira vez en que se traducen integramemte estes dous poemarios, algo ao que tamén fixo mención Jesús Laíño, quen expresou a satisfacción de Barbantia por esta iniciativa.

María Sampedro, pola súa parte, saudou o feito de que o Museo do Gravado “importe e exporte cultura” e agradeceu á Xunta de Galicia e ao “motor cultural que é Barbantia” a súa colaboración para que esta dobre volume e a exposición que a complementa vexan a luz.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.