O Festival de Cinema Inclusivo de Vigo incorpora a proxección da “Illa das mentiras” nunha sesión dedicada á igualdade

10 Outubro 2021

O Festival de Cinema Inclusivo de Vigo non deixa de crecer e nesta sexta edición, que terá lugar do 12 ao 16 deste mes, proxectará 54 pezas audiovisuais en tres recintos diferentes: o Auditorio do Concello, os Cinemas Salesianos e o Museo MARCO. Ademais, o evento cinematográfico incorpora tres novas sesións dedicadas á igualdade, á discapacidade e ao público familiar. Todas as proxeccións son de acceso libre ata completar aforo.

Tamén estará no festival a directora Paula Cons, presentando a película ‘A Illa das mentiras’ o venres 15 ás 21.00 h. nos cinemas Salesianos. A ficción narra a historia de tres mulleres que ante o naufraxio dun buque fronte a Illa de Sálvora, deciden botarse ao mar e conseguen salvar a vida de naúfragos.

O festival incorpora unha sesión de curtametraxes sobre igualdade. Esta sesión terá lugar o sábado 16 no Auditorio do Concello ás 11 da mañá e proxectaranse oito traballos audiovisuais: ‘A voz humana’ de Pedro Almodóvar, ‘Mamá non traballa’ de María Barragán, ‘Monólogo’ de Pilar García Elixido, ‘ Before I die’ de Iker Esteibarlanda, ‘ Cigarros’ de Rosario Pardo, ‘ Dolapo is dead’ de Ethosheia Hylton, ‘ The last day of patriachy’ de Olmo Omerzu e ‘A colcha e a nai’ de David Pérez Sañudo.
Despois das proxeccións terá lugar a charla AGAG sobre ‘Mujeres reais ficticias: o xénero na nova ficción’, na que participan os guionistas Anxo Manzano e Lida Fraga.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...