O cuarto Ciclo de Novos Intérpretes pon a Rianxo en primeira liña da interpretación musical

07 Outubro 2021

Rianxo será sen dúbida unha das capitais galegas da música este outono, a través da cuarta edición do Ciclo de Novos Intérpretes organizado polo Concello e a Escola de Música local. O certame comeza o vindeiro sábado 23 de outubro, ás 20.30 horas no Auditorio, co concerto a cargo de Óscar Vázquez ao trombón baixo e Yamini Teresa ao piano. A entrada, como nos demais concertos previstos no ciclo, será de balde e deberá reservarse na web municipal, na sección de reservas (neste caso da primeira actuación, até as 14.00 horas do 21 de outubro).

A seguinte cita será o 29 do mesmo mes, da man do rianxeiro Bernal Muíños, que virá acompañado do seu cuarteto de jazz. O concerto terá lugar na sala Arcos Moldes do Concello de Rianxo o vindeiro venres 29 de outubro ás 20.30 horas.

Xa metidos en novembro, o día 12 será a quenda do Víctor Bouzas Quarteto (trompeta), tamén ás 20.30 horas na Sala Arcos Moldes do Auditorio, ao que seguirá o concerto de Alba Franco (arpa) o 26 de novembro, no Auditorio. O ciclo remata con Lucía Mata (fagot) e Diego Mata (piano) o día 10 de decembro, igualmente no Auditorio de Rianxo ás 20.30 horas. En todos os casos cómpre facer as reservas de entrada (gratuíta) na web municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...