O Concello de Boiro ultima o acondicionamento dos cemiterios para a ponte de defuntos

29 Outubro 2021

O Concello de Boiro procedeu estes días a acondicionar os cemiterios municipais con vistas ás celebracións desta fin de semana, focalizadas no 1 de novembro, Día de Todos Os Santos. Segundo informou o Goberno local, nas últimas semanas realizouse unha posta a punto do Cemiterio Municipal de Boiro e nos demais camposantos do termo municipal. O concelleiro Marcos Fajardo visitou esta semana o espazo para supervisar os traballos que se están a realizar.

“Dende que entramos no goberno recuperamos a figura dun operario dedicado en exclusiva ao mantemento e conservación do cemiterio, para poder facer as tarefas diarias que require o espazo para o seu coidado”, afirmou o edil Fajardo, sinalando que este operario ocupase da limpeza, o acondicionamento dos xardíns e os arranxos puntuais no equipamento da instalación.

Outros artigos

Boiro acolleu unha nova edición do encontro Xeografía Empresarial

A Asociación Boirense de Empresas (ABE) acolleu este venres 9 de outubro un novo encontro do proxecto Xeografía Empresarial, que reuniu en formato almorzo e con aforo completo a representantes de 55 empresas para reflexionar sobre o presente e o futuro da industria e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.