O comité clínico analizará que a hostalería recupere o seu horario en Galicia

19 Outubro 2021

Este xoves está previsto que o Consello de la Xunta aprobe o levantamento do estado de emerxencia sanitaria, que se fará efectivo a partir do sábado.

O comité clínico que asesora á Xunta na toma de decisións na pandemia analizará este mércores o horario da hostalería, que ata o de agora ten como máximo a 1 da madrugada, pero a decisión final adoptarase tras este encontro e unha reunión co propio sector tamén na mesma xornada.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, lembrou que o comité clínico de hai 15 días xa apuntou que habería un aumento de aforos máximo no caso de que se mantivese o ciclo epidemiolóxico á baixa, como se está confirmando.

“E os datos mantéñense e mesmo melloran”, sinalou Comesaña, quen apuntou que “o camiño para seguir é esa volta á normalidade, pero mantendo aspectos tan importantes como o uso das máscaras nos interiores, a distancia e evitar aglomeracións”, incidiu o conselleiro.

Na súa intervención, insistiu en que “a idea xeral é proseguir na volta á normalidade”, pero con esas excepcións de medidas. En canto ao lecer nocturno, explicou que se segue a “tendencia de ir aumentando progresivamente os aforos”, aínda que neste sector seguirase mantendo o requisito do certificado covid de vacinación –ou proba diagnóstica negativa ou certificado de superar a enfermidade no últimos seis meses–.

O conselleiro de Sanidade ratificou, iso si, que está encima da mesa a recuperación de horario “máis aló da unha da madrugada”. “Temos unha reunión co sector, do mesmo xeito que co comité clínico, par tomar a decisión final”, explicou.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Relevo en Portugal”. José Castro López

“Relevo en Portugal”. José Castro López

Comparto con muchos gallegos una vieja querencia por Portugal. Nos une la geografía, la historia y también algo tan profundo como la afinidad de carácter y una manera de entender la vida. Admiro su paisaje y sus monumentos, su cultura y su gastronomía, su hospitalidad...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.